Seis días despois de coñecer a dimisión da alcaldesa segue a incógnita de quen sucederá a Méndez, os populares consideran que esta falta de transparencia e de certezas xenera incertidume entre a veciñanza e inestabilidade no goberno local.
- Os populares aseguran que a incógnita sobre quen sucederá a Méndez é inaceptable, sobre todo, logo de escoitar, durante a sesión do pleno no que se oficializou a marcha da xa ex alcaldesa, a afirmación na que dicía “hai moitos proxectos iniciados e moitos por iniciar que lle tocará a quen asuma a responsabilidade neste mandato e nos vindeiros”
- Os populares tamén acusan ao BNG de carecer de principios e de actuar como cómplices do PSOE na crise aberta no concello de Lugo trala dimisión de Méndez
- “É chamativo que o BNG intente transmitir unha imaxe de tranquilidade” subliñando “a falta de convicción nas súas propias afirmacións” engadindo que “o único que lles importa é manter o poder e os privilexios en lugar de pedir ao seu socio de goberno axilidade neste proceso sucesorio”