Precampaña Xunta #18F en catro X. ¿Contratarán Goberno e Xunta ós burritos de Doñana para limpar as praias galegas?

por Colectivo Cataburlas

O dano á pesca non lla fan os pellets, se os políticos que viven de costas ao mar e agora tratan de sacar tallada electoral, senón as políticas de pesca e a defensa en Europa dos pescadores e mariscadores galegos, ou vixiando a contaminación, que producen quen verte os residuos ao mar sen utilizar depuradoras, como os residuos das minas que escarallan o marisco das Rías, etc. Diso en Galicia sabemos bastante.

Pidan axudas á pesca co tema dos pellets que quedan no fondo e o demais toca á OMI e Londres

Quevedo deixou escrito : «Ninguén ofrece tanto, como o que non vai cumprir» . NON nos conte historias e aprendan do pasado seu e do PSOE . En Santiago de Compostela onde a promotora socialista PSV edificou pisos e asignaba os mesmos aos posuidores de carné socialista nas dúas torres de FONTIÑAS cun bo exemplo das súas accións.

É desexable que Marta Lois léase a fondo a nova Lei de Navegación Marítima do 2014 e as publicacións sucesivas no BOE, para partir do 2001 dos sucesivos Plans de Continxencias por contaminación marítima, publicados no Boletín Oficial do Estado, para así non equivocarse culpando do suceso a quen debe (Goberno Central).

.

E para terminar, unha foto, a da Ministra de Traballo, «traballando» nunha praia e detrás unha corte de axudantes coas mans limpas. Todo polos votos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario