O Concello de Malpica implementou novidades na maquinaria de limpeza das praias para abordar de maneira efectiva a recollida das boliñas

por Óscar de Souto

Á máquina cambióuselle o cepillo e o tamiz e na cuba de recollida de residuos introduciuse auga para que floten. Durante os traballos, dous operarios irán na parte traseira separando os residuos das algas. Ao rematar a recollida, as algas e a area volven ser depositadas na praia para non danar o ecosistema. Estes traballos, que comezarán o luns 15 de xaneiro, van máis aló ao incluír a recollida de diversos residuos, como plásticos e micro plásticos, cabichas, tapóns, latas, cristais, e outros elementos contaminantes.

Durante a mañá de onte, diversos grupos colaboraron na limpeza de pellets e outros residuos en Area Maior, Seiruga e As Torradas. Pola tarde, a limpeza realizouse na praia de Beo, con membros de Senda Nova sumándose á iniciativa.

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, xunto co concelleiro de Obras e Seguridade, Miguel Ángel Fernández, e o concelleiro de Medio Ambiente, Rodrigo Mato, participaron activamente nesta xornada de limpeza, traballando como si fosen voluntarios, acompañados por membros de Protección Civil de Malpica.

Etiquetas
Comparte éste artículo
4 Comments