Precampaña Xunta 18F en catro X. Salvar o mar de Galicia cantando: «Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar»

por Colectivo Cataburlas

As galegas e galegos de terra chaira, montaña e mar están cansados dos políticos, que o único que fan, unha vez conseguido o posto, móntanse os seus choios de pingües beneficios a fin de mes, para os amigos. Vergoña comprobar como nas listas ao Parlamento, pódese observar en postos de saída a fillos, irmás, curmáns e demais parentes, como nas necrolóxicas, pola cantidade de familia que tentan colar no Parlamento, para conseguir «un posto de traballo» durante catro anos. De non saír elixidos, colocaranos en, por citar un exemplo, Consello de Administración do CRTVG, sen asignar responsabilidades, nin ter que acudir todos os días ao «curre», para cobrar máis de 4.000 euros ao mes. Un dos varios exemplos das empresas participativas da Xunta.

Galicia faise traballando con honestidade para galegas e galegos, non para os petos de familiares e amigos, saltándose as regras do xogo democrático, sen ofrecer explicacións, están a converternos ós votantes ao paletismo adocenado.

O mar hai que vivilo sempre, non en tempos electorais. Esta precampaña electoral pasará á historia como a máis mariñeira, aínda que con moito «pelet show» e pouca claridade. A Vde.supoño que informáronlle os seus asesores, que hai unhas normas que deben cumprirse, se non as coñece, pode mergullarse no diario dixital 21noticias puxémolas moi claro, sen piruetas, como así o entendeu o seu conselleiro do Mar.

O cambio pode ser efectivo, o problema que vai ter Vde. unha mochila que terá que levar como os burritos de Doñana, cargando co PSdeG e Sumar, unha presidencia e dúas vicepresidencias, no suposto de acadar un parlamentario o partido de Yolanda Díaz. Pense no goberno a dous da Xunta, promesas incumpridas de Quintana, perden a Xunta e máis de trece anos de goberno do PP.

O que merecemos os galegos é coñecer a verdade, que paso entre o día 8 de decembro e o 12 de xaneiro? Exemplar a actuación dos políticos capaces de limpar unha praia no tempo que tarda un fotógrafo en «retratalos» (Non tardou máis de 20 minutos en fuxir da zona)

De que falas de política, ou do milagre de Tarso? O maior milagre do mundo sería que un votante de dereitas cambiase o voto a comunista. Os galegos só comulgamos con «hostia» non con rodas de muíño. Cambia o discurso que hai materia suficiente para convencer aos indecisos.

Comparte éste artículo
1 Comment