Novo accidente de tráfico no Concello de Dumbría

por Óscar de Souto

Bombeiros de Cee requeridos este medio dia, aredor das 14:39 horas por un accidente con feridos na AC-552 , Concello de Dumbría . A pesares da aparatosidade do sinistro, a vítima afortunadamente non quedou atrapada, polo que a labor dos bombeiros só consistiu en protexer a zona, prestar axuda as vítimas e realizar a limpieza da estrada logo de que a persoa fose trasladada polos técnicos do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia ó Centro de referencia.
Desexámoslle unha pronta recuperación a persoa afectada. E agradecese a presencia de medios neste caso e a sorte de estar o parque aberto pois son moi necesarios no caso de siniestros graves que requieran escarcelar cando a vida ou a morte dependan de minutos. Non foi o caso desta vez mais nesta estrada existen varios puntos negros e suceden demasiado de cote sinistros deste tipo. Faltan solucións e seguirán faltando, precaución na estrada amigo conductor.

Foto portada de Bombeiros Costa da Morte

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario