Rianxo e Malpica de Bergantiños resoltos con maquinaria pesada a solucionar o problema dos pélets

por Óscar de Souto

Asi o anuncian estes dous concellos coruñeses nas súas páxinas nas rrss con video e fotos dos tractores e maquinaria municipal. A pesar da disconformidade de algúns grupos ecoloxistas e oposicións locais parece que non teñen pensado desistir na súa teima de declararlle a guerra as “boliñas” con métodos máis radicais.

O Concello de Rianxo prepárase para a posible chegada de pellets coa entrada de novas borrascas a partir de mañá mobilizando todos os recursos dos que dispón e retirando dos areais os restos de vexetacións morta e outros residuos que se acumularon durante as últimas semanas.

a

“Todos os días revisamos os areais do noso municipio e a día de hoxe non se detectou a chegada de pellets ou residuos vincualados ao vertido do Toconao, mais debemos de estar preparados por se chegan nas próximas xornadas cos ventos do sur que se agardan”, afirmou o noso alcalde Julián Bustelo.
Se atopas pellets ou sacos de pellets chama ao 609 86 22 22.

INFORMA : O Concello de Rianxo

Etiquetas
Comparte éste artículo
5 Comments