A bandeira Palestina no balcón do concello de Lugo

por Redacción Lugo

Dende o pasado día 28 de decembro, no que se aprobou no pleno municipal do Conello de Lugo, unha moción proposta pola PLATAFORMA LUGO POR PALESTINA  e levada a pleno polo grupo municipal BNG, levamos facendo presión para que as esixencias prantexadas e aprobadas, sexan levadas a cabo. 

Onte, cumpriuse un dos puntos de esixencia da nosa proposta, colocar a bandeira Palestina no balcón do concello de Lugo mentres dure este xenocidio contra o pobo Palestino perpetrado por Israel. Fíxose onte e a bandeira Palestina está no balcón do concello de Lugo, pero non quedará. 

A Plataforma Lugo por Palestina,  non precisa actos simbólicos,  senón compromiso. Presentamos unha moción ao noso Concello, e saiu aprobada e nesa moción, hai 10 puntos que agardamos sexan cumpridos(adxunto os puntos esixidos). 

A bandeira Palestina é, neste momento, o xesto máis visible de apoio á causa Palestina e rexeitamento firme contra o xenocidio que está a sufrir. A Plataforma Lugo por Palestina,  vai seguir esixindo que a moción aprobada, sexa respectada.

Foto do izado da bandeira, no que participaron Ali e Yasmin.

a

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario