O 26 de xaneiro na Sala Malatesta xunto a Dios Ke Te Crew, Rebeliom do Inframundo, High Paw, Nadie González, C. Mirazo, Yslem e TIAM Gz
O vindeiro venres, 26 de xaneiro, o hip hop galego toma a Sala Malatesta baixo o lema «Cultura Contra a Barbarie». Un concerto solidario co pobo palestino con dúas horas de intensa música reivindicativa da man de artistas como Dios Ke Te Crew, Rebeliom do Inframundo, High Paw, Nadie González, C. Mirazo, Yslem e TIAM Gz. O evento estará presentado por Iván Prado, recoñecido polo seu compromiso con causas sociais e culturais encabezando a ONG Pallasos en Rebeldía, organizadora do evento.