Libro: «Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos» (2023, Editorial Alvarellos)
«Entre as poucas mulleres que ingresaron no Seminario de Estudos Galegos en 1923, a primeira admitida naquela entidade científica, a poucos días de se constituír, foi unha cesureña que percorreu case todo o século XX, Carmiña Sierra Domínguez (Pontecesures, 1906-Caracas, 1996).
Esta monografía dedícase a recuperar unha traxectoria tan rica en experiencias, en afectos, e en compromiso polas causas da xustiza e a liberdade, e abrangue todo o seu percurso vital, desde o nacemento até a morte.».
Día: 24 xaneiro,
Hora. 19:30 no Liceo.
Organiza: Amigos da República
Colabora: Liceo de Ourense.