O alcalde do Concello de Ponteceso, José Manuel Mato (PP), inaugurou a primeira edición da Xornada de Paisaxe e Litoral, celebrada na sede da Fundación Eduardo Pondal, no lugar de O Couto.
No evento, o rexedor municipal pontecesá defendeu os recursos paisaxísticos do municipio, coa costa, o ecosistema do Río Anllóns ou os montes como grandes chaves para o futuro.
Ademais, amosouse aberto a estudar e escoitar propostas doutras administracións para potenciar estes recursos dun xeito sostible co medio ambiente e que, ao mesmo tempo, xeren un impacto positivo na saúde das persoas, no turismo e na economía.
No acto estiveron presentes, entre outras personalidades:
????José Antonio Álvarez, presidente de Portos de Galicia
????Enrique Luis de Salvador, director do Instituto de Estudos do Territorio
????José Manuel López, alcalde de Laracha
????Francisco Charlín, tenente de alcalde de Laxe
????Enrique Salvador, director do Instituto de Paisaxe
????Pedro Calaza, presidente da Asociación Española de Parques y Jardines Públicos