Lugo renunciou a presentarse en 2023 a unha axuda de fondos europeos de 2M€ para modernizar o comercio de proximidade

por Redacción Lugo

O concello de Lugo renunciou a presentarse en 2023 á unha convocatoria de axudas para modernización  a transformación dixital do comercio local que poderían supoñer unha inxección de fondos de 2M€ que beneficiarían de forma directa os seus titulares.

Os populares apuntan que nas convocatorias de 2022 e 2021 o concello de Lugo si presentou proxectos, pero foron desestimados polo Ministerio, porque o seu contido non permitiu alcanzar a puntuación mínima.

Os populares acusan ao goberno local “de desinterese e de falta de apoio a un sector que vive momentos difíciles”  e piden á nova alcaldesa que en 2024 non perda esta oportunidade e que se presenten á convocatoria deste ano cun proxecto sólido e ben preparado para evitar que o goberno central o volva a desestimar.

Con respecto á construción do novo pavillón polideportivo o goberno local puxo de manifesto que “hai orzamento para licitar o proxecto pero tamén recoñeceu que non se iniciarán as obras neste 2024”  o que reafirma que para o equipo de goberno esta dotación tan necesaria non é unha prioridade para eles.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario