A Xunta apoia unha xornada sobre altas capacidades que organiza este sábado en Lugo a asociación ‘Intelecto’

por Redacción Lugo

A Xunta colabora coa xornada que organiza este sábado en Lugo a asociación Intelecto con motivo do Día Internacional das Altas Capacidades.

Este colectivo agrupa a familias con fillos e fillas de altas capacidades, habilidades e outras neurodiverxencias asociadas.

A actividade desenvolverase no salón de actos da Uned e contará con relatorios de persoas expertas na materia e obradoiros de temática variada -STEM, cociña científica, ciencia, percusión, ocio creativo … – para nenos e adolescentes socios. O obxectivo é promover a formación e divulgación das altas capacidades.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario