O PP lamenta que «a primeira decisión de Alvarellos sexa gastar 70.000 € para contratar a unha persoa externa que dirixa urbanismo

por Redacción Lugo

Esta proposta, que suporá un incremento no gasto, certifica que a nova alcaldesa «non se ve capaz de asumir os retos desta área» e demostra a súa desconfianza á capacidade dos técnicos.

  • Estamos sorprendidos  porque a  primeira decisión da nova alcaldesa sexa “encarecer a xestión do goberno local e gastar 70.000 € en contratar a un cargo de confianza para solucionar os problemas que hai no departamento de urbanismo”
  • Para os populares que unha persoa externa ao concello teña a responsabilidade dun dos departamentos máis importantes da estructura municipal certifica, de forma explícita, que Alvarellos non se ve capaz de resolver a parálise que hai no departamento
  • Hai que lembrar que a propia Alvarellos se vanagloriaba de que cos novos instrumentos que impulsou , como a ordenanza reguladora para licenzas urbanísticas, se ía desbloquear o cuello de botella que había en urbanismo. A realidade é que fracasou e proba delo é que na última Xunta de Goberno tan só se resolveu unha licenza de obra para instalar un ascensor
  • Os populares din que este nomeamento é un gasto excesivo tal e  como xa explicamos  nunha das enmendas que presentamos aos orzamentos municipais onde “pedíamos que se eliminase a partida para contratar a un órgano directo coa idea de  destinar estes fondos a incrementar partidas de persoal para reforzar os servizos municipais”.
  • Outro motivo polo que esta decisión “non é acertada é porque pon en tea de xuizo o traballo dos técnicos municipais”  interpretando a súa decisión como unha “mostra da desconfianza por parte da nova alcaldesa sobre a capacidade do persoal da casa
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario