Primeira Xornada de “Mediando na protección da infancia” organizadapor CIMEGA e ACOUGO

por Redacción Galicia


O Director Xeral de Xustiza, José Tronchi Albert e o Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo José Rey Sastre, asistiron a esta xornada organizada en conxunto polo Círculo de Mediación de Galicia (CIMEGA) e a Asociación galega de familias de acollida (ACOUGO).
A xornada “Mediando na protección da infancia” emerxe como un punto de reflexivo sobre a mediación no contexto do sistema de protección da infancia, onde actualmente, en Galicia, contamos con máis de 300 menores en situación de acollida. O obxectivo primordiar é dar a coñecer as melloras necesarias para o benestar dos menores e das familias, onde a mediación é unha ferramenta esencial neste sistema.
A apertura do evento estivo a cargo do Director Xeral de Xustiza, José Tronchi Albert, o Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey Sastre, a Presidenta de CIMEGA, Mercedes Sierra Fernández e a Presidenta de ACOUGO, Rebeca Pereira Ferrón. Durante esta xornada, organizada por CIMEGA e ACOUGO, abordáronse cuestións cruciais, a través de relatorios expostos por expertos e expertas en mediación e protección como o Fiscal Delegado en Galicia da unidade Especializada de Menores da Fiscalía Xeral do Estado, José Manuel Ucha López, que centrou a atención nos dereitos das familias de orixe e nos nenos e adolescentes en situación de risco ou declarados en desamparo.
A mañá avanzou coa celebración de mesas redondas, dando lugar a espazos seguros, onde se exploraron os desafíos enfrontados por aqueles que asisten a mediación. Estes espazos son entornos de confianza para compartir historias e identificar solucións colaborativas. Este acto foi unha chamada á unión, ao aprendizaxe e ao avance, en beneficio das familias e dos menores.
Este evento transcurriuse tanto en formato presencial como online, contando cunha asistencia en remoto de máis de 300 persoas de administracións locais, rexionais e nacionais, así como de países como Portugal e Finlandia.
Dentro do programa tamén se incluíron dúas dinámica enriquecedoras. Da man de ACOUGO realizáronse casos prácticos a través de escenarios concretos, o que enriqueceu a comprensión da mediación nas dinámicas familiares de acollida.
Simultaneamente, CIMEGA dirixiu unha dinámica de Círculos de Paz da que Mercedes Sierra Fernández, Directora de CIMEGA, destacou a súa importancia para que as persoas comprendan a mediación e recoñezan a importancia de construír pontes sólidas de comunicación.
CIMEGA E ACOUGO
CIMEGA, a Asociación Círculo de Mediación de Galicia, creada en 2014, por un grupo de profesionais (avogadas, economistas, educadoras familiares…) formadas nestas disciplinas que decidiron construír esta asociación co obxectivo de fomentar e promover a mediación como método de resolución de conflitos dentro do territorio de Galicia.
ACOUGO, a Asociación galega de familias de acollida nace co obxectivo de involucrarse, en maior medida, na defensa dos dereitos das persoas menores de idade que están no sistema de protección publico, velando polos dereitos e intereses das persoas en xeral e, das máis vulnerables en particular.
Para más información

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario