Carballo, con 215 persoas usuarias, Narón (213), Malpica (127), Oleiros (125), Ferrol (119), Ribeira (108) e Arzúa (99) son os municipios da provincia que contan con maior número de usuarios do servizo de Teleasistencia
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada responsable da área de Política Social, Mar García Vidal, visitaron hoxe no polígono de Agrela (A Coruña) a central desde onde a institución provincial presta o seu servizo de Teleasistencia domiciliaria (TAD).
Formoso destacou que «a día de hoxe, a Teleasistencia da Deputación acompaña durante as 24 horas, os 365 días do ano, a 3.846 persoas maiores en 90 concellos da provincia, ofrecendo tranquilidade para elas e as súas familias».
«A última vez que visitei este centro, durante a pandemia, a Teleasistencia da Deputación atendía a 2.600 persoas. Hoxe son máis de 3.800 os usuarios e usuarias activas, ampliamos a cobertura á cidade de Ferrol e estamos despregando un novo servizo de Teleasistencia Avanzada, que xa utilizan preto de 200 persoas e que vai a ir substituíndo progresivamente o clásico colgante co botonciño vermello por un moderno reloxo que xa non está vinculado ao teléfono, o que permite maior autonomía e liberdade de movemento aos usuarios e novas funcionalidades como a xeolocalización, que son moi útiles en caso de caída ou accidente», explicou o presidente da Deputación.
Formoso destacou que «nunha provincia caracterizada polo envellecemento da poboación, especialmente no ámbito rural, é fundamental un servizo coma este» e incidiu en que «o noso obxectivo é seguir levando a Teleasistencia da Deputación cada día a máis persoas, como os 119 ferroláns e ferrolás que xa usan este servizo, do que estamos profundamente orgullosos porque sabemos que é útil e mellora a vida das persoas».
O presidente eloxiou tamén «o gran traballo que realizan as operadoras para acompañar aos nosos maiores que viven sós e dar tranquilidade ás súas familias, que saben que se pasa algo hai alguén pendente ao outro lado do botón vermello durante as 24 horas do día».
Durante a visita, Formoso realizou unha chamada de proba a Ramón, un usuario de Aranga que explicou a súa experiencia coa Teleasistencia da Deputación. «Estou moi contento co servizo, xa o tiven que usar unha vez cando me picou unha abella porque son alérxico, así que mandaron inmediatamente unha ambulancia», explicou o usuario.
Un servizo gratuito a través dos servizos sociais dos concellos
A Teleasistencia da Deputación é gratuíta para os usuarios, cuxo perfil tipo é o dunha muller maior de 80 anos que vive soa, aínda que tamén hai unha pequena porcentaxe correspondente a persoas con algún tipo de diversidade funcional. Calquera persoa pode acceder demandándoo a través dos servizos sociais do seu concello.
Carballo, con 215 persoas usuarias, Narón (213), Malpica (127), Oleiros (125), Ferrol (119), Ribeira (108) e Arzúa (99) son os municipios da provincia que contan con maior número de usuarios do servizo de Teleasistencia.
Preto dos usuarios
As teleoperadoras realizan todos os días arredor de 510 chamadas de control desde a central co obxectivo de interesarse sobre o estado de saúde da persoa usuaria ou lembrarlles a hora da medicación. O ano pasado, a central rexistrou un total de 186.281 chamadas.
Ademais, os usuarios e usuarias poden chamar á central durante as 24 horas no caso de emerxencias ou accidentes ou, simplemente, cando queiran falar coas operadoras.
A información de cada usuario ou usuaria queda rexistrada nun programa informático, co que se crea un expediente individualizado que permite un seguimento máis completo e eficaz.
Teléfono de información para solicitar a Teleasistencia Deputación: 900 533 027
NÚMERO DE PERSOAS USUARIAS DA TELEASISTENCIA POR CONCELLOS E COMARCAS
CORUÑA/AS MARIÑAS | |
CONCELLO | PERSOAS USUARIAS |
Abegondo | 20 |
Aranga | 12 |
Arteixo | 85 |
Bergondo | 66 |
Betanzos | 47 |
Cambre | 68 |
Carral | 31 |
Coirós | 23 |
Culleredo | 91 |
Curtis | 60 |
Irixoa | 5 |
Miño | 26 |
Oleiros | 125 |
Oza-Cesuras | 35 |
Paderne | 27 |
Sada | 76 |
Sobrado | 15 |
Vilasantar | 23 |
Total | 835 |
BERGANTIÑOS/COSTA DA MORTE | |
CONCELLO | PERSOAS USUARIAS |
Cabana de Bergantiños | 25 |
Camariñas | 35 |
Carballo | 215 |
Cee | 44 |
Cerceda | 43 |
Corcubión | 16 |
Coristanco | 17 |
Dumbría | 14 |
Fisterra | 32 |
Laracha | 38 |
Laxe | 48 |
Malpica de Bergantiños | 127 |
Muxía | 31 |
Ponteceso | 68 |
Vimianzo | 49 |
Zas | 27 |
Total | 829 |
SANTIAGO | |
CONCELLO | PERSOAS USUARIAS |
Ames | 82 |
Arzúa | 90 |
Baña (A) | 22 |
Boimorto | 28 |
Boqueixón | 34 |
Brión | 14 |
Dodro | 8 |
Frades | 5 |
Melide | 99 |
Mesía | 9 |
Negreira | 40 |
Ordes | 13 |
Oroso | 35 |
Padrón | 36 |
Pino (O) | 39 |
Rois | 23 |
Santa Comba | 53 |
Santiso | 12 |
Teo | 87 |
Toques | 10 |
Tordoia | 14 |
Touro | 28 |
Trazo | 9 |
Val do Dubra | 10 |
Vedra | 4 |
Total | 804 |
BARBANZA | |
CONCELLO | PERSOAS USUARIAS |
Boiro | 92 |
Carnota | 23 |
Lousame | 18 |
Mazaricos | 22 |
Noia | 42 |
Outes | 69 |
Pobra do Caramiñal (A) | 48 |
Porto do Son | 28 |
Rianxo | 82 |
Ribeira | 108 |
Total | 532 |
FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL | |
CONCELLO | PERSOAS USUARIAS |
Ares | 6 |
Cabanas | 24 |
Capela (A) | 7 |
Cariño | 46 |
Cedeira | 55 |
Cerdido | 8 |
Fene | 55 |
Ferrol | 119 |
Mañón | 12 |
Moeche | 7 |
Monfero | 21 |
Mugardos | 38 |
Narón | 213 |
Neda | 18 |
Ortigueira | 69 |
Pontedeume | 21 |
Pontes de García Rodríguez (As) | 42 |
San Sadurniño | 26 |
Somozas (As) | 8 |
Valdoviño | 49 |
Vilarmaior | 2 |
Total | 846 |
Total persoas usuarias | 3.846 |