Os populares abordaron durante unha reunión de traballo na comarca da Montaña o malestar dos veciños e usuarios polo «estado intransitable da principal conexión por estrada coa Meseta».
- «O estado da A-6 é un claro exemplo do que supón un Goberno do PSOE apoiado polo BNG: deixar que unha infraestrutura estratéxica para a provincia se converta nunha corredoira», apuntan
- Os populares tildan ao candidato do PSOE como «home anuncio» porque «promete o que o seu partido non é capaz de concretar» porque «non é capaz de mellorar a A-6 nin sendo el mesmo o presidente da Comisión de Transportes no Congreso, como tanto presume»
- Candia subliñou a implicación do Goberno de Alfonso Rueda coa comarca poñendo como exemplo a recente licitación das obras de mellora da LU-710 que comunica coa A-6 en Baralla e o compromiso avanzado por Rueda de incrementar gradualmente dos 6 aos 9 meses de contrato para o persoal do servizo de prevención e extinción de incendios