- todos os asuntos da orde do día, salvo cuestións de trámite, foron proposicións, rogos e preguntas do Grupo Municipal centradas en mellorar a seguridade, respaldar ao sector primario e avanzar en infraestruturas que están bloqueadas pola falta de xestión do goberno local
- O voto de calidade de Alvarellos tumba as iniciativas do PP que só consegue unanimidade na proposición para impulsar permutas na zona rural” tras aceptar a enmenda que presenta o PSOE
a![]()
Praia fluvial de Lugo
A estratexia de DESGASTE E CONFRONTACIÓN COA XUNTA CONTINÚA.
Vímolo hoxe no pleno cando votaron en contra dunha iniciativa para conseguir que Lugo teña praia fluvial este verán pese a que á alcaldesa nun primeiro momento, traicionoulle o subconsciente, e votou con nós.
Logo rectificou e, co seu voto de calidade, rexeitou esta proposición o que demostra que para nova alcaldesa de Lugo a PRAIA NON É UNHA PRIORIDADE e que vai manter unha postura continuista de política de enfrontamento coa Xunta de Galicia
Auditorio de Magoi
Hoxe desvelaron que xa hai acta de recepción das obras que contratou o goberno local no AUDITORIO DE MAGOI destacando a importancia deste documento.
Esta nova clarifica que cando recibiron o edificio, o 23 de xuño de 2020, estaba en perfectas condicións e listo para inaugurarse.
A seguinte pregunta é CANDO TEÑEN PREVISTO ABRILO
Elaborar Ordenanza de convivencia
O voto de calidade da alcaldesa tumba a PROPOSTA PARA IMPULSAR UNHA ORDENANZA DE CONVIVENCIA
O pacto de goberno ten secuestrado ao PSOE. É unha mágoa que Paula Alvarellos manteña un posicionamento continuista e non sexa valente para elaborar e consensuar unha normativa que dé ferramentas á policía para atallar problemas de entendemento veciñal, actuacións de gorrillas ou agresións ao patrimonio.
Permutas na zona rural
Conseguimos a UNANIMIDADE na proposición para apoiar a actividade do sector primario con estímulos económicos que se materializarían A TRAVÉS DUN PLAN DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO MEDIANTE O SISTEMA DE PERMUTAS.
Tendemos a man e aceptamos a emenda que fixo o PSOE
Mellora da iluminación
PSOE e BNG votan en contra dunha iniciativa para pedir ao goberno de Pedro Sánchez que “acenda a iluminación dos diferentes accesos á cidade”.
Esta negativa a tramitar esta petición reflicte o dobre rasero que utilizan cando os socialistas teñen que reclamar cuestións que dependen do seu partido.
Durante o debate os populares recriminaron como PSOE e BNG non pediron unhas axudas europeas sobre eficiencia enerxética que sufragaban o 80% das actuacións no municipio cun importe que podería ter chegado aos 8 M€.
Non o fixeron porque son o goberno da zancadilla e non querían compartir a venta destas intervencións.