A Universidade da Coruña celebra hoxe o Día da Universidade

por Redacción Galicia

A Universidade da Coruña celebra mañá venres, día 26 de xaneiro, a partir das 10:00 horas, no Paraninfo da Reitoría (A Maestranza), a efeméride do Día da Universidade. No evento, que será presidido polo novo reitor, Ricardo Cao, a UDC homenaxeará ao estudantado con dous actos de entrega de premios.

Ás 10:00 horas entregaranse os distintivos aos novos doutores da UDC do curso 2022/2023, así como os diplomas aos Premios Extraordinarios de Doutoramento do curso 2021/2022.

Ás 12:00 horas, entregaranse así mesmo os seguintes recoñecementos:
• Premios Excelencia da UDC ás mellores notas de admisión nos Graos do curso 2023/2024.
• Premios Extraordinarios das titulacións de Grao do curso 2022/2023.
• Premios Extraordinarios das titulacións de Máster do curso 2022/2023.

O acto rematará co discurso do reitor e coa actuación do Coro Universitario.

O Día da Universidade, que non será lectivo nin laborable na UDC, dará paso o vindeiro luns, 29 de xaneiro, ás clases do segundo cuadrimestre, despois de que hoxe rematase o período de avaliación do primeiro cuadrimestre.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario