A presidenta da entidade e a alcaldesa da Coruña entregan o recoñecemento ao xornalista polo seu texto “Crónica negra a mil pulsacións e dous pulgares”
A presidenta da Asociación da Prensa da Coruña, Doda Vázquez, entregou hoxe o premio da LXXXIII edición do premio Pérez Lugín a Toni Silva, xornalista de La Voz de Galicia polo seu traballo “Crónicas dende o móbil: o xornalismo do século XXI”. No acto, celebrado no salón de sesións do Concello da Coruña, estivo presidido pola alcaldesa da cidade, Inés Rey.
Durante o acto de entrega a presidenta da Asociación da Prensa da Coruña, Doda Vázquez, destacou que “este premio xa é un dos máis antigos de España”, ao tempo que lembrou que nesta edición tiña o móbil como referente é sobre isto dixo: “Ha transformado profundamente a vida dos xornalistas pero se hai unha profesión que vive permanentemente no arame da dúbida e do cambio constante es precisamente a nosa, na que, cando a páxina esta lista ou enviada, as veces hai que cambiala unha vez máis. Nestes tempos nos que a inmediatez choca coa verificación, a primicia co posicionamento e o traballo diario coa tiranía de Google, aparecen novos desafíos como a intelixencia artificial. Non sei como serán os vindeiros 120 anos, pero seguro que haberá algún xornalista para que o conte”.
O ganador
Toni Silva, xornalista de La Voz de Galicia desde hai case tres décadas, presentou o seu escrito baixo o pseudónimo Aureliano de Beruete, e ao longo de 914 palabras desenvolve un día de traballo dun xornalista nun suceso. Un texto no que destaca a incidencia das novas tecnoloxías na evolución da transmisión de información e na achega de datos, reflectindo como o móbil mudou a forma de desenvolver o xornalismo na actualidade.
Toni Silva destacou: “É un orgullo formar parta da lista de xornalistas aos que admiro, e recibir o recoñecemento dos teus compañeiros de profesión” ao que engadiu que “Agra- dézolle públicamente ao xurado deste premio haber seleccionado o meu artigo e ao Con- cello da Coruña por continuar apoiando un dos certames decanos de España”.
Na edición de 2023 o móbil foi a temática seleccionada en coincidencia co 50 aniversario da aparición deste aparato que ten mudado o xeito de traballar dos xornalistas nos últimos anos.
En torno a isto presentáronse 16 traballos, procedentes de diversos puntos da xeografía española, que foron sometidos o pasado mes de decembro ao xurado, composto pola directiva da Asociación da Prensa da Coruña, Eduardo Eiroa, como representante do Concello da Coruña, e Xavier Lama, gañador da pasada edición.