Lugo é unha provincia de segunda ou terceira para o Goberno de Sánchez como demostra o atraso na construción da A-54 e a A-56

por Redacción Lugo

Elena Candia acompañada pola candidatura ás autonómicas, senadores, deputados e o grupo municipal popular asumiu dende Guntín «o compromiso de que na nosa axenda estean certezas e os asuntos que preocupan aos lucenses».

  • Á falta dunha aposta real polas autovías que comunican Lugo con Santiago e Ourense» engádese «o desinterese por manter en bo estado a N-540 que constitúe a principal vía de comunicación con Ourense», subliñan
  • Os populares lamentaron que «Sánchez viñera a Lugo, pero que no seu discurso non recolla as prioridades dos lucenses: non falou nada de infraestruturas, a chegada da alta velocidade, o apoio ao proxecto de Altri ou o estatuto das electrointensivas para garantir os postos de traballo de Alcoa», o que denota «falta de compromiso do Goberno, e tamén do BNG que o apoia»
  • Membros da candidatura popular visitaron en Monforte a fábrica de astillas de Prodeme poñendo en valor que «proxectos de innovación industrial poden ir da man da integración social» 
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario