O PP afirma que os veciños concentraranse ante a Deputación antes do pleno para esixir seguridade e o arranxo das estradas provinciais

por Redacción Lugo


Os deputados populares defenderán no pleno unha iniciativa para que a Deputación de Lugo realice un estudo do estado no que se atopan as vías provinciais e confeccionar un programa para proceder ao arranxo das mesmas, dando prioridade a aquelas estradas nas que fai máis tempo que non se actúa

Antonio Ameijide explica que «por coherencia e responsabilidade» debería de aprobarse esta iniciativa que so ten por obxectivo acadar a renovación do firme das vías de titularidade provincial, para o que sería preciso dotar de maior presuposto á partida dirixida á conservación e mantemento das vías provinciais

·      O voceiro popular denuncia que «se chegamos a esta situación é unicamente polo abandono e deixamento de funcións» de Tomé que abandonou á provincia, «preocupándose so do municipio do que é alcalde»

·      Ameijide afirma que o nefasto estado da maior parte das estradas da Deputación Provincial non so xera molestias a diario, se non que directamente supón «un perigo real» para condutores e peóns «algo que non se pode permitir» polo que «no caso de que algún día pase algo grave o responsable será o presidente da Deputación polo seu deixamento de funcións a fronte desta competencia da Deputación»

Comparte éste artículo
1 Comment