Monterroso terá un plan de igualdade

por Redacción Lugo

Brais Vázuez, concelleiro do BNG en Monterroso «coa aprobación da creación deste plan podense desenrolar no concello actuacións que nos leven a conseguir unha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria»

O Bloque Nacionalista Galego presentou no concello de Monterroso, no pleno unha moción para que dende o concello se elabore un plan de igualdadde municipal. Moción que foi aprobada e obriga ao equipo de goberno a creación dese plan. Esta moción tivo que meterse por urxencia porque unha vez máis o Sr. Alcalde de Monterroso negouse a meter unha moción do BNG na orde do día, cando esta estaba presentada en tempo e forma, «sería que o Sr. Alcalde no quería que se debatise sobre a igualdade?» preguntase o concelleiro nacionalista

A desigualdade por razón de sexo responde a problemas estruturais que afectan a toda a sociedade; por iso, os esforzos das administracións públicas para a consecución da igualdade real son fundamentais.

Neste concello ven de delegarse nunha concelleira do goberno a área de Igualdade e a primeira misión que dende o pleno se lle encomenda é a creación deste plan de igualdade, «vemos pertinente a creación dun Plan de Igualdade que poida promover como obxetivo final, no ámbito local, a igualdade na diversidade e a eliminación de toda forma de discriminación e desigualdade que incide sobre as mulleres e sobre as persoas en xeral, por motivo das diversidades existentes – funcional, procedencia ou orixe étnica, racial, cultural e diversidade afectivo-sexual» afirma o nacionalista.

O grupo municipal do BNG estará pendente de que dende o equipo de goberno leven adiante esta encomenda e se poñan a traballar na creación deste plan importante para levar adiante unha igualdade real neste concello.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario