«Comezaremos ás 10:30h visitando o barrio indiano e admirando a súa arquitectura. Continuaremos polo casco histórico que nos levará a coñecer a grande importancia comercial desta vila e os seus personaxes ilustres. Ademais percorreremos a senda litoral que conecta varios miradores e lugares de interese co afamado faro de Illa Pancha».
Unha ruta moi completa de 4 km (ida) e apta para todos os públicos, incluídas mascotas. A duración será de 3 horas e media aproximadamente.
O custo da actividade é de 10 € persoa, 7 € para os menores de 18 anos e gratuíta ata os 8 anos.
Se desexas anotarte ou recibir máis información podes facelo a través do 654 99 68 57 (reserva previa necesaria)