A parlamentaria socialista Patricia Otero reclamou hoxe “respectar a vontade dos traballadores” de Alcoa, que están a esixir o cumprimento dos acordos asinados en 2020 para reiniciar as cubas e garantir a continuidade dos postos de traballo. Así o dixo no debate da Deputación Permanente para pedir a comparecencia do presidente da Xunta, a quen lle reclamou que concrete as medidas da Xunta para garantir os postos de traballo.
A responsable socialista subliñou que os socialistas galegos “seguimos no que piden os traballadores, seguimos a respectar a súa vontade, e todos e todas debemos centrar os esforzos nese camiño neste momento”. Sinalou que “é o momento de que as administracións lle esixan a Alcoa que cumpra coas administracións e cos traballadores para garantir a reapertura da planta de aluminio de San Cibrao”.
Salientou a posición “coherente e responsable” do Ministerio de Industria, que lle está a reclamar á empresa que acredite a súa situación financeira e determine as necesidades para a planta, seguindo o seu “compromiso firme” para traballar pola continuidade da actividade nun sector estratéxico como o aluminio en España, Galicia e na Mariña.
Adiantou que “non se descarta ningunha medida, nin sequera a intervención da planta”, pero puntualizou que “neste momento estamos noutro escenario”, que é o de “respectar o que pediron e votaron os traballadores da planta, que non é outra que se cumpra o acordo”.
Otero reclamoulle ao PP que clarifique se están a seguir a liña do actual presidente da Xunta, chamando á unidade e evitar buscar rédito político, ou a da conselleira de Industria e da candidata do PP en Lugo Elena Candia, “galopando na primeira liña da demagoxia e do populismo”. Criticou que aproveiten a situación para “intentar sacar tallada”, chegando a acusar ao PSOE de “desmantelar” Alcoa.
Reclamoulle ao goberno galego que clarifique como está a cumprir coa súa parte do acordo para presionar á multinacional, e lembrou que están a agardar pola autorización para a ampliación da balsa de lodos vermellos que garanta a continuidade da planta de Alúmina. Lembrou que o PP que agora se abre á intervención da planta é o mesmo que privatizou a empresa, e reclamoulle a Rueda que clarifique se o seu suposto apoio a esta medida inclúe fondos propios da Xunta.
Afeoulle ademais ao BNG que desboten o acordo asinado polos traballadores e se limiten a pedir a intervención da planta pero sen clarificar se están a falar dun proceso temporal, dunha nacionalización ou nunha participación no capital da sociedade. Reclamou que “non quede nun eslógan” do BNG que mentres tanto “o único que fai é darlle un balón de osíxeno a quen quere o peche da factoría” e ademais “debilita” a posición dos traballadores..
¿Respectar a vontade dos traballadores?.Lo crean o no ,el BLOQUE al menos tiene claro lo que hay.
ALCOA SE HA IDO PARA SIEMPRE!!.Ahora estamos en algo diferente y andar de «cazavotos» con este
tema ,no funciona.
Los trabajadores conocen mejor que todos Vdes. lo que hay y lo que ha pasado al paso de los años para
llegar hasta aquí.
Los Parlamentarios no suelen disponer con amplitud documentada de todo lo acontecido ni parecen entender
que ALCOA es una de las mayores empresas mundiales en lo suyo y al no considerar rentable San Ciprian ,se
ha ido.
Los trabajadores saben lo que hay y de ser unos privilegiados en la zona ahora son todo lo contrario y por mucho
que los trabajadores traten de hacer para reactivar alli el trabajo ,el daño está hecho y no hay más ALCOA en Galicia.
Hagan titulares con lo que quieran y como quieran o inventen ,pero tratar de afear al BLOQUE sus acciones
en este caso concreto ,no les va a ayudar en nada a los del PSG-PSOE ni tampoco parece que reactive nadie alli
una Empresa que genere trabajo y bienestar para los perjudicados.