O goberno provincial votou en contra de renegociar o prezo de adquisición do castelo de Doiras a través dun convenio entre a Deputación de Lugo e o Concello de Cervantes.
- Ameijide defendeu que «PSOE e BNG son corresponsables de escribir a guía do pelotazo inmobiliario perfecto» porque «foron capaces de xestar esta operación para beneficiar a membros dun partido político e deixar polo camiño un beneficio neto de 690.000 euros en tan só cinco semanas»
- «O Partido Popular non está en contra de poñer en valor o patrimonio desta provincia nin de recuperar elementos históricos; do que está en contra é de beneficiar a unha fundación vinculada a un cargo do PSOE», dixo
- Para os populares é curioso que «a finais de ano aparezan 960.000 euros para esta operación inmobiliaria, cando o goberno provincial ten abandonados edificios como a Casona do Incio que está caendo, a Casa da Botica que foi derrubada ou as estradas provinciais
- Ameijide sinalou que «esta operación nin sequera debeu ser ordenada por Tomé»; senón por «quen dirixe realmente: o candidato socialista á Xunta. Pero as súas decisións e as súas compras de vontades dentro do PSOE pagámolas todos»