O voto en contra do PSOE á rebaixa do IVE aos produtos do mar amosa claramente a súa falta de interese polo sector 

por Redacción Lugo

Villares, compañeiros da candidatura popular ás autonómicas e deputados e senadores lamentaron durante unha reunión na Confraría de Pescadores de Burela cos patróns maiores da Mariña «esta postura submisa ao Goberno de Sánchez por parte dos socialistas no Senado que prexudica gravemente ao sector».

  • «Mentres a Xunta se pon do lado do sector e apoia a campaña promovida polas confrarías galegas para invitar aos cidadáns que consuman mariscos e pescados de Galicia, tanto PSOE coma BNG por interese electoralista son capaces de difundir bulos que prexudican ao sector pesqueiro galego», condenan dende o PP
  • Os populares cren que «sería unha mala nova que a política de submisión a Sánchez por parte tanto de socialistas como de nacionalistas se trasladara a Galicia» porque «prexudicaría gravemente a sectores estratéxicos para a nosa comarca, a nosa provincia e a nosa comunidade en xeral» a Reunión patróns maiores da Mariña en Burela
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario