PP Burela: “O noso grupo municipal leva máis propostas ao pleno que o propio goberno bipartito”

por Redacción Lugo

Os populares seguen «preocupados pola veciñanza da nosa vila mentres que outras formacións están máis preocupadas por facer campaña que pola gobernanza no noso Concello».

Os concelleiros do PP de Burela demostran o seu interese por traballar e cumprir cos veciños da vila sendo o grupo da corporación que “máis propostas leva ao pleno deste xoves, incluso máis que o propio goberno bipartito. É inaudito, pero non é de estrañar tendo en conta o proceder do goberno PSOE-BNG no último medio ano, tempo no que viamos que o seu traballo ía decaendo”.

Unha das iniciativas do PP vai encamiñada a priorizar a empresas locais nos contratos menores co Concello. “É algo que non se está a facer en Burela, xa que detectamos que se están contratando empresas doutras zonas cando hai empresarios na nosa vila que teñen a cualificación para prestar determinados servizos que demanda o Concello”.

Outra das propostas que defenderán os populares é “a creación dun inventario da fontes municipais e un plan de mantemento e control sanitario das mesmas”. E, por outra banda, propoñen “incluír a Burela na rede de transparencia da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). É algo de obrigado cumprimento, pero que o goberno local non está a facer demostrando o seu pouco interese pola transparencia”.

Neste clima preelectoral, o Grupo Municipal Popular de Burela volve demostrar que “seguimos a preocuparnos pola veciñanza da nosa vila. A diferencia das outras formacións políticas que están máis preocupadas por facer campaña que pola gobernanza no noso Concello”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario