David Guillán, Secretario de Organización das XSG-Vigo expresou que «14 foron os concertos que se celebraron no auditorio o verán pasado de forma gratuita para todo o mundo, mentres a Xunta de Galicia fai un no porto e por un prezo mínimo de 38 euros»
As Xuventudes Socialistas de Vigo denunciaron no parque de Castrelos a falta de apoio da Xunta de Galicia en materia de publicidade e subvencións cos concertos de verán que realiza o Concello de Vigo no auditorio do parque de forma gratuita.
O Secretario de Organización, David Guillán, expón que “A Xunta de Galicia dedícase a facer outros concertos na cidade cun prezo mínimo de 38 euros por persoa, onde gran parte da mocidade non se pode permitir pagar ese prezo, en vez de colaborar co Concello polo simple feito de que na cidade non goberna o seu Partido Político.
Para acabar as Xuventudes Socialistas reiteran que cun goberno socialista como o de Jose Ramón Gomez Besteiro ao fronte da Xunta de Galicia colaboraría co Concello facilitando o aumento dos concertos e artistas na cidade e así atraer máis xente de fora aumentando a economía na cidade.