A Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha gran mobilización para este domingo contra o desmantelamento da Sanidade Pública. Unha convocatoria lanzada tras constatar que os orzamentos da Xunta para o ano 2024, lonxe de responder ás necesidades reais da sanidade pública galega, consolidan a actual situación de “debilitamento e privatización”.
A Xunta de Persoal do Hospital da Mariña nunha xuntanza celebrada este mércores e co voto a favor (agás da CSIF) de CCOO, UGT, USAE, SATSE e CIG, apoia a manifestación a celebrar o domingo 4 de febreiro ás 12 horas en Santiago de Compostela convocada pola Plataforma SOS Sanidade Publica.
“Chegou o momento de concentrar os esforzos de toda a cidadanía e colectivos sociais e profesionais, por encima das lóxicas e lexítimas diferenzas, nunha gran manifestación de defensa da sanidade publica galega e contra o seu deterioro e privatización”, afirman.“Agardamos unha resposta masiva da cidadanía e de colectivos sociais e profesionais que free e faga retroceder a política de desmantelamento e privatización do sistema sanitario público aplicada e chamamos a cidadanía da Comarca da Mariña a mobilizarse unha vez mais en defensa da Sanidade Publica”, conclúen.