Esta vindeira fin de semana o Calvo Escola Lubiáns desprázase a Cataluña para xogar na casa do líder invicto, o Digittecnic Vilafranca Capital del Vi (Club Patí Vilafranca), que ata de agora demostrou na pista a calidade que atesora a súa plantilla, con 9 victorias, 3 empates e 0 derrotas, sendo o segundo máximo goleador da categoría, e tamén o segundo que menos goles recibe. Vamos a intentar xogar o noso partido e continuar ca milloría no xogo das últimas semanas.
Por outra banda, ademáis teremos 13 partidos de categorías bases o longo de esta fin de semana, comezando hoxe Venres 02/02 no Pavillón Carballo Calero co partido do Infantil BigMat Crea fronte o C.H. Compostela Granate.
O Sábado 03/02 o Sénior Maker Store disputa unha nova xornada da categoría autonómica fronte o H.C. Borbolla (13:00, Pavillón Monte Alto A Coruña) e o Alevín Garaysa xoga contra o Compañía de María Amarillo (16:30, Colexio Compañía de María).
Para o Domingo temos o groso da xornada, cun total de 9 partidos……no Pavillón Carballo Calero xogará o Alevín Teirón fronte o A.C. Ordes – Folgoso (10:30), o Micro Bombonera fronte o A.C. Ordes Ceidón (11:45), o Benxamín Placasa fronte o Santa María del Mar Blanco (16:00), o Benxamín Dental María Gómez fronte o Santa María del Mar Azul (17:15) e o Alevín Garaysa fronte o Deportivo Liceo «B» (18:30). No mesmo día, o Prebenxamín Mesón Do Pulpo desprázase para xogar fronte o Deportivo Liceo «A» (10:00, Colexio Liceo), o Infantil BigMat Crea fronte o Compañía de María Azul (11:30, Colexio Compañía de María), o Xuvenil Shop4Fit fronte o Compañía de María Azul (17:15, Colexio Compañía de María) e o Alevín Teirón (dobre xornada para eles neste Domingo) fronte o C.H. Compostela Granate (19:00, Pavillón de Vite Santiago de Compostela).
Para rematar unha longa fin de semana nas categorías base, o Luns 05/02 o Infantil BigMat Crea xoga fronte o Dominicos «C» no Pavillón Carballo Calero (20:30).