Gerardo Corral Corral, que faltara da súa vivenda ao longo de onte non se lle atopaba apesares dos numerables medios locais, municipais e de voluntarios e veciños non deron resultado lamentablemente e o Coordinador de Emerxencia Municipal de Ponteceso infórmanos as 1:20 horas da noite que desactivan a búsqueda nalgúns puntos perigosos pola falta de luz e mantense a búsqueda nas zonas menos arriesgadas para o equipo.
A Garda Civil da Coruña dende a unidade especial de desaparecidos engádese esta mañá a procura, participa un helicóptero, drons e a Garda Civil de Ourense desprazáronse cara a Ponteceso coa súa unidade especial de cans de búsqueda. Lamentablemente atopan sobre das 11:00 horas o corpo sen vida deste veciño no propio lugar de O Couto, parroquia de Cospindo, na Agra de O Couto, nun rego, a unha distancia non demasiado alonxada da Igrexa deste lugar. .
O noso pésame a familiares, veciños e amigos.