Os políticos son moi milagreiros, pretende facernos crer aos votantes que fan milagres, menos mal que ningún dos cabezas de lista chámase Fátima ou Milagros. Na precampaña, quedou claro que non saben nada e non din a verdade, como sucedeu co «prestige bolitario» pretendendo sacar rédito con fotografías na praia, como a de Yolanda Díaz, cunha «peneira» de andar por casa.
A «Potencia enerxética» é outra das grandes mentiras, o mentireiro terá que estar na «oposición» para sempre, o problema é, ¿a que político milagreiro dáselle absolución? Será a sabedoría do pobo o que poña penitencia.
Pedir, piden todos. Ofrecer, ofrenden todos. Orgullo, é sentirnos galegos na nosa Terra. Crecemento, está en crear postos de traballo para non ter que buscas as lentellas fora do noso País.
É bo volver ás orixes, encontros emocionais. Quen esquece as súas orixes, perde a súa identidade.
Ten razón Besteiro, é tempo de recuperar moitas cousas. ¡Que boas son as eleccións! Recupérase todo en quince días e logo ata as próximas eleccións.
Tes razón, conservadores para manter o «chollo»