Podemos Galicia regulará os prezos do aluguer

por Redacción Galicia

Ourense, 3 de febreiro de 2023. A voceira estatal de Podemos e Coordinadora de Podemos Valencia, María Teresa Pérez e Javier Sánchez Serna, Coordinador de Podemos Murcia e deputado no Congreso se desprazaron a Ourense para apoiar a candidatura autonómica da formación, representada polo cabeza de lista provincial, Víctor Ferreiro, e a número dous da lista, Paula Jarque, Coordinadora de Alianza Verde na comunidade.

Na súa intervención, Pérez destacou que Ourense é «a cidade con maior porcentaxe de vivenda baleira do Estado» a pesar do cal habería «un preocupante aumento de nos prezos do aluguer». Para a Voceira «o señor Rueda tería que dar unha explicación sobre porqué hai galegas e galegos vivindo en condicións indecentes cando teñen unha porcentaxe tan alta de vivenda baleira».

Pérez declarou: «Dende Podemos plantexamos un plan de rehabilitación para as vivendas do Casco Histórico e a recuperación de vivenda beleira incluíndo as da Sareb.» Asemade, tamén afirmou que con Podemos no gioberno autonómico, sería unha prioridade «regular os prezos do alugueiro, porque todas as galegas e galegos teñen dereito a vivir dignamente, e vivenda e un dereito, non un ben mercado para facer negocio»

Pola súa banda, Víctor Ferreiro fixo un chamamento a «votar en conciencia, a votar como pensas.» O cabeza de lista destacou que » o votante cunha ideoloxía auténticamente de esquerdas non independentista só atopará nos colexios electorais unha papeleta que lle represente, que será a papeleta de Podemos». O candidato defendeu que «o verdadeiro voto útil é podemos», xa que «hai cousas que sen non as decimos nós, non as dirá ninguén». «As ideas emancipadoras que levamos no noso programa ao principio eran consideradas como mera utopías, e hoxe esas utopías son leis».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario