O Grupo Municipal Socialista de Oleiros, denuncia que o 23 de xaneiro de 2023 o Concello de Oleiros recibiu un forte “varapalo” por parte do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia(TACGAL) que emitiu unha durísima resolución botando abaixo a adxudicación do contrato de Limpeza Viaria por eivas graves na súa tramitación.
Esta situación xerou malestar no Grupo de Goberno como se poido comprobar coa actitude de «matón» do Alcalde de Oleiros, chamándolle «fillo de puta» a un concelleiro con agresións verbais e intento de agresións físicas, aínda que intenten xustificalo botándonos a culpa por facer política propositiva e de oposición seria.
O Grupo Municipal socialista dentro da súa labor rigurosa e comprometida expuso no Pleno dos orzamentos municipais celebrado en Outubro que estaban aumentando nun 13,44% os gastos en bens correntes e servizos, e poñíamos enriba da mesa un dos motivos exemplificando na licitación do contrato de Limpeza Viaria que acaba de botar abaixo agora o TACGAL por irregularidades na súa adxudicación.
A Mesa de Contratación desprezou ata dúas veces os informes de técnicos municipais e derivou a valoración a unha persoa non especialista, cuxo informe fixo que a adxudicaión do contrato resultase noutra empresa.
Dicíamos en Outubro, estudando a documentación e fiscalizando -cousa que non gusta ao Goberno de Alternativa dos Veciños- que estanse a facer malas prácticas nos contratos. Os motivos que expuxemos no caso da licitación de Limpeza Viaria foron:
- A lei de Contratos del Sector Público, establece a licitación preferente por lotes para facilitar competencia e acceso de empresas do tecido local. Aquí non se fixo.
- En Limpeza Viaria Alternativa pasou de licitar hai 5 anos un lote por 1,9 millones de euros e outro por pouco máis de 1 millón ao novo contrato nun só lote por 4,4 millóns de euros ao incluir impostos. 5 anos non xustifican unha suba dun 25%.
- Agrupar lotes vai en contra da competencia, perxudica as PYMES locais, e beneficia a multinacionais que son as únicas capaces de asumir eses importes.
- A consecuencia desa mala xestión e ademáis un sobrecuste que ímolo pagar todos os oleirenses vía aumento de tasas e presión fiscal.
Ese discurso no Pleno ia acompañado do estudo previo do expediente ao detalle deste contrato e atopáramos cousas cando menos de difícil comprensión, nunha mesa presidida por unha Concelleira. O extraño percorrido, documentado, deste contrato foi o seguinte:
- A Xunta de Goberno Local do día 24 de maio de 2023, aprobou iniciar o expediente do contrato de “Servizo de limpeza viaria no Concello de Oleiros”, para unha duración de catro anos, por 4.012.602,08 €, co IVE 4.413.862,29 €.
- A Mesa de Contratación o 29 de xuño do 2023 admitiu a tres empresas ao concurso, e abriu os sobres das “Propostas suxeita a avaliación previa”, o cal foi remitido para informe dos servizos técnicos o 29 de xuño do 2023.
- O dia 28 de xullo do 2023, o Coordinador do departamento municipal de Servizos, emitiu informe de valoración das ofertas suxeitas a xuízo de valor. Este informe non convenceu á Mesa de Contratación e retirou o asunto da orde do día para proceder a súa modificación.
- O novo informe emitido polo Coordinador do departamento municipal de Servizos foi analizado pola Mesa de Contratación o 3 de agosto do 2023, e considerou que “…seguen existindo partes do informe que necesitarían unha mellor
estruturación e contido para unha máis axeitada compresión da comparativa das ofertas, de xeito que esta se entenda o máis equitativa posible”.
- A Mesa acordou solicitar un novo informe a técnicos externos, e o 30 de agosto do 2023 nomeou a unha persoa docente da Universidade da Coruña, especialista en educación ambiental.
- O 14 de setembro do 2023, esta persoa experta en “Pedagoxía e Didáctica” non en materia de contratación, emitiu informe técnico de valoración das ofertas suxeitas a xuízo de valor que SÍ foi estimado pola Mesa de Contratación, resultando, a diferencia dos informes previos emitidos polo Coordinador do departamento municipal de Servizos que é quen foi o asinante dos pregos da licitación e polo tanto quen mellor debería coñecer o servicio, que a empresa seleccionada gracias a este informe do 14 de setembro -unha vez visto o sobre terceiro da oferta económica- foi a multinacional Valoriza Sacyr.
Agora o TACGAL nunha durísima resolución que lle chegou ao Concello o 23 de xaneiro, o día do último Pleno, bota abaixo esta adxudicación ante as irregularidades na valoración técnica das ofertas e obriga a licitar de novo amosando que o que nós dicíamos de que a xestión no Concello de Oleiros, máis alá da coidada política de fotos e titulares, é ineficiente, caduca e deixa moito marxe de mellora.
O documento que é público está disponible na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/cve 2 , co código de verificación: kncM7PSNTae7, é un recopilatorio de prácticas irregulares que botan abaixo todo o proceso:
- Na páxina 3 da conta de que o informe do técnico municipal de servizos que valoraba as tres ofertas presentadas, otorgaba a mellor puntuación ao recurrente, e as súas competidoras non acadaron o limiar mínimo para continuar na licitación, mais a mesa considerou insuficiente ese informe.
- Na páxina 4 o TACGAL entende que a Mesa de Contratación é soberana para aceptar ou rexeitar os informes técnicos solicitados para a a avaliación das ofertas, pero que neste asunto solicitáronse ata tres informes sobre o mesmo obxecto, de xeito que tanto a aceptación ou as razóns do rexeitamento de 2 dos 3
deben ir motivados. Neste procedemento as actas da Mesa de Contratación non eflicten esas causas.
- Recolle tamén a obriga de que a Mesa non asuma simplemente a puntuación numérica recollida no último dos informes elaborado por un técnico externo ao propio Concello -tal e como esixe a sentencia do T. Supremo do 18.07.2012- senón que debería explicar as razóns que lle levaron a validar o 3º informe e as valoracións ahí recollidas, relacionándoo cos dous informes previos que colocaban ao recorrente na primeira posición.
- Na páxina 5 afirma que a cualificación técnica de quen presta asesoramento externo debe ficar mínimamente acreditada, o cal non ocorreu eiquí.
- Na páxina 10 afirma o TACGAL que “…En concreto, descoñécese, pois nin sequera se menciona no informe, o motivo das puntuacións outorgadas en canto á “organización operativa do servizo”…”
- Na páxina 11 fala das características das ofertas, extensas no seu contido, o que se corresponde tanto coa relevancia do servizo licitado como polos propios elementos a valorar, polo que “…é dificilmente compatible, reiteramos, con que non se determinen como fundamento das puntuacións outorgadas as concretas diferencias existentes entre as mesmas…”
- E na páxina 13 non deixa títere con cabeza: “Polos motivos expostos ao longo desta Resolución, non pode concluírse que nos atopemos ante un procedemento coa debida transparencia en relación con todos os licitadores implicados, tanto polas eivas sinaladas na primeira parte desta Resolución como polos erros e deficiente motivación do acordo impugnado, o que determina que debamos estimar o recurso presentado en canto á anulación da adxudicación, pero dando como consecuencia a que procede en dereito: dado que se procedeu a apertura da oferta económica non se pode efectuar unha retroacción con nova avaliación dos criterios sometidos a xuízo de valor, e por sometemento aos principios de igualdade e libre concorrencia, é obrigada a anulación de todo o procedemento de licitación”.
Os socialistas descoñecen o interese en obrar desta maneira tan irregular, pouco transparente, e esiximos explicacións e responsabilidades nesta desfeita para evitar que a mala xestión de Alternativa a paguemos os oleirenses cos nosos cartos.