Valentín González Formoso pediu hoxe na casa da cultura de Cee o apoio á candidatura liderada por José Ramón Gómez Besteiro para garantir “unha sanidade de todas e todos os galegos e un sistema educativo de calidade”.
O secretario xeral do PSdeG compartiu hoxe co ministro de Xustiza, Félix Bolaños; a número 1 da candidatura pola provincia da Coruña, Patricia Iglesias, e a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, un acto no que enumerou as propostas socialistas para o vindeiro 18 de febreiro, en contraposición “esa parella, Rueda e Feijóo, que gripou o motor de Galicia”. Fronte a 15 anos que deixan 100.000 habitantes menos, 138 colexios menos, unha comunidade “completamente endebedada” e “unha sangría industrial”, Formoso invitou a evitar que Rueda volva ser presidente “porque non o merece” e votar a “única alternativa”, a de Besteiro. Porque “cando pechas un colexio ou un centro de saúde, estás matando unha vila do rural”, afirmou.
Formoso asegurou que “a Galicia que funciona é a Galicia dos concellos”, nos que os alcaldes socialistas gobernan a máis da metade dos galegos. “Esa é a Galicia que funciona”, insistiu. Lembrou tamén, como exemplo dese modelo, que unha institución como a Deputación da Coruña invisteu o ano pasado 23 millóns de euros en apoio ao emprendemento, mentres que a Xunta só 18 para toda Galicia. Ou que aumentou un 178 % o orzamento para protección social “sen ter ningunha obriga porque a ten a Xunta”.
O ministro de Xustiza, Félix Bolaños, visitou antes do mitin a vila do Pindo. Alí dixo que o 18 de febreiro “Galicia xógase moito, xógase pasar páxina a un goberno da Xunta esgotado”. Logo de participar tamén na manifestación pola sanidade pública en Santiago, afirmou que o que quixeron deixar patente pola mañá 30.000 galegos foi que “Rueda e Feijóo deixaron a sanidade de pena”.
En contraposición á “desidia” do PP, “os socialista queremos volver coidar a sanidade, porque somos os que construímos o sistema nacional se saúde e queremos que a sanidade pública galega volva ser o que nunca debeu deixar de ser”, asegurou xa pola noite en Cee. Bolaños quixo destacar a oportunidade que ten Galicia con José Ramón Gómez Besteiro na presidencia, porque o PSdeG é “a única formación que é capaz de facer un cambio serio, solvente e competente.
Mostra diso é o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa comunidade. “En cinco anos destinou a Galicia un 30 % máis de recursos que Rajoy nos cinco anteriores”, destacou.
Patricia Iglesias recordou que “as grandes reformas sempre viñeron da man de gobernos socialistas, e por iso temos que crer que o proxecto que lidera Besteiro é o proxecto que ten ambición de país e orgullo galego, de avance, de progreso”. A número 1 da lista pola Coruña asegurou que o candidato do PSdeG é “o único con solvencia e capacidade para ser o vindeiro presidente da Xunta, e se a xente