A candidata á Xunta de Galicia de Podemos, Isabel Faraldo, xunto co deputado no Congreso javier Sánchez Serna acudiron este domingo a manifestación de SOS Sanidade Pública celebrada en Santiago de Compostela. Faraldo declarou que «estamos aqui para defender a nosa xoia máis importante, un dos servizos máis importantes que ten unha colectividade, a sanidade pública. Unha sanidade pública, gratuíta e universal».
Asemade,a candidata destacou que «saímos a defendela ante o desmantelamento ao que ano tras ano nos está condenando as políticas do PP. Un dos exemplo máis claros son os 2.000 millóns de euros recortados na Atención Primaria». Faraldo citou o recente informe do Defensor do Paciente segundo o cal Galicia tería «a Atención Primaria máis saturada do país». Para exemplificar está situación, a ex-edil coruñesa citou os «31 consultorios médicos pechados neste anos», ademáis co problema engadido de que estes peches se producirían «nunha zona tan importante como o rural, onde o problema da mobilidade e un impedimento para a cidadanía», en relación ás deficiencias do transporte público nestas áreas.
Faraldo tamén denunciou «a falta de persoal: unha redución do 30% no número de médicos, do 40% en personal de enfermería», o cal suporía que «se satura non só a Atención Primaria, se non tamén a Atención Hospitalaria».
Pola súa banda, o voceiro estatal de Podemos e deputado no Congreso, onde participa da Comisión de SamidadeJavier Sánchez Serna destacou que «Isabel Faraldo leva moitos anos loitando pola sanidade pública, e sabe o que hai que facer para protexela» en relación a traxectoria da candidata como empregada do Servizo Galego de Saúde e sindicalista neste mesmo sector.
Serna manifestou a necesidade de «volver a investir eses 2.000 millóns de euros na sanidade» e de «prohibir esas listas de agarda interminables que están custando vidas». Asemade, falo da «necesidade de investir máis na saúde mental, que non pode ser un privilexio para que a poida pagar».