Besteiro presentará no debate propostas de “cambio seguro para a Galicia real” fronte a “un Rueda ausente, sen proxecto” 

por Redacción Galicia

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta acusa ao candidato do PP de “non escoitar” o clamor cidadá en defensa da sanidade pública na concentración de onte

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que se presentará ao debate electoral de hoxe con “propostas de cambio seguro para a Galicia real” na que “o emprego e a sanidade non funciona”, fronte á realidade alternativa que “disfraza o PP”. Así o dixo en declaracións aos medios xunto cos integrantes da candidatura da Coruña fronte ao Museo do Pobo Galego e o mosteiro de San Domingos de Bonaval, en Santiago.

O candidato socialista anunciou “propostas solventes porque temos experiencia de goberno, diversas porque temos equipo, ambiciosas porque temos ganas e con garantías porque somos o único partido con peso no goberno de España”. Dixo que os socialistas proporán solucións fronte a un PP que logo de 15 anos “non pode aportar”, e augurou que ofrecerán “explicacións moi poucas, e convincentes ningunha”.

Criticou que Rueda tardara “dous meses” en aceptar un único debate electoral, rexeitando o que foi  proposto pro RTVE, manténdose “agochado, sen dar a cara” e amosando a súa falla de “capacidade e disposición”. Lembrou que os socialistas foron os primeiros en demandar a celebración dos debates electorais para contrastar as propostas e os modelos alternativos de goberno de cara aos próximos comicios.

A resposta do PP amosa que “temos un presidente ausente e un goberno ausente, sen proxecto para Galicia”, ao contrario que o PSdeG, que está “disposto a poñerse á fronte para facer de Galicia locomotora e non furgón de cola”.  Besteiro presentará no debate propostas de «cambio seguro» para a «Galicia real» fronte a un Rueda «ausente, sen proxecto»

Lamentou que o candidato do PP “tampouco escoita á rúa”, en alusión ao clamor social da manifestación de onte en defensa da sanidade pública nas rúas de Compostela, na que quedou claro, dixo, que Galicia “sabe” que o Partido Socialista si que escoita ás demandas cidadás e que “somos o partido da sanidade”.

Comparte éste artículo
2 Comments