O ladrón do «bombillo» pon en tensión a toda a comarca de Bergantiños

por Óscar de Souto

A falta de efectivos da benemérita, especialmente de noite, e a dificultade de vixiar toda a Comarca cuns poucos axentes, en ocasións son oito axentes para dez concellos, deixanos desprotexidos ante este tipo de situacións.

Noutros Concellos, exemplo Arteixo, o contar con máis efectivos da Policía Local, teñen pactado, nalgunha ocasión especial, sobre unha mesa de negociación entre Concello e Garda Civil, solucionando oleadas de roubos cunha maior vixilancia poñendo de acordo as diferentes unidades de axentes do orden público. Pode ser unha solución que axentes da policía local fagan ronda nocturna nos centros de Corme e Ponteceso Centro para disuadir aos delincuentes.

Varios locais de Carballo foron xa asaltados como o Café Bar Oito e o Bar Larada, mais desgraciadamente neste Concello os roubos son o pan noso de cada día. O asalto en A Tenda da Tía Carmen en Malpica de Bergantiños e o intento frustrado de asaltar a parafarmacia Horizonte, no Centro da Avenida Eduardo Pondal de Ponteceso,.pon agora en tensión os comerciantes da nosa zona

Tatiana Rellán, propietaria deste local e líder do BNG de Cabana de Bergantiños, emite nas redes sociais un video que deixa clara a súa opinión sobre o suceso e manifesta a opinión de moitos e moitas veciños e veciñas. Agardemos pois que alguén nas administracións ou a propia Garda Civil solucionen este problema de seguridade que afecta a normalidade nas nosas vilas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario