Tras gañar o Benidorm Fest, Nebulossa actuará no Atlantic Pride da Coruña

por Redacción A Coruña

Os Xardíns de Méndez Núñez da Coruña vibrarán este verán ao ritmo de Zorra, tema seleccionado para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2024

Nebulossa xa ten data para a súa esperada actuación no Atlantic Pride da Coruña. O dúo formado por María Bas e Mark Dasousa, gañador do Benidorm Fest 2024 celebrado a pasada fin de semana, encherá de electropop os Xardíns de Méndez Núñez da cidade herculina a noite do sábado 13 de xullo. Na cita non faltará o seu tema Zorra, seleccionado para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión este ano.O Atlantic Pride celebrará a súa quinta edición do 7 ao 14 de xullo e no seu cartel, ademais de Nebulossa, está xa confirmada a presencia das estrelas eurovisivas Rosa López, Las Ketchup e Lucía Pérez. Trátase dun festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, o Concello da Coruña e Turismo Coruña, co patrocinio principal de Estrella Galicia, Xunta de Galicia  e Global Grafic.

O ORGULLO DO NORTE

A Coruña volverá ser a sede do Orgullo do Norte entre o 7 e o 14 de xullo para celebrar a quinta edición do Atlantic Pride. Neste 2024, o festival propón oito xornadas de música e celebración ao redor da diversidade sexo-afectiva e de identidade na que promete ser, novamente, nunha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular, que moi pronto desvelará novos nomes e actividades.

O Festival Atlantic Pride nace en 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras e, en 2022, regresou á súa esencia con toda a forza, enchendo A Coruña e as súas rúas de música en directo durante oito xornadas. En 2023, o Atlantic Pride logrou alcanzar máis de 100.000 espectadores, marca que a cita se propón bater este ano. Desde a dirección do festival convidan ao público a non deixar de soñar: «as nosas redes sociais están sempre activas e abertas e sempre haberá espazo para as sorpresas no noso programa».

O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, o Concello da Coruña e Turismo Coruña, co patrocinio principal de Estrella Galicia, Xunta de Galicia  e Global Grafic. Nace na Coruña no ano 2019 como un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coruñesa dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social do noroeste.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario