Isabel Faraldo anuncia o acto central de campaña con Ione Belarra e Irene Montero

por Redacción Galicia

Isabel Faraldo anunciou este mércores o acto central da formación morada, que contará coa presencia de Ione Belarra e de Irene Montero. Se celebrará este sábado as 12 da mañá no Palacio de Exposicións e Congresos de A Coruña

Faraldo destacou sobre Irene Montero que «a pesar de non necesitar presentación», a ex Ministra de Igualdade que «é unha muller valente, un recurso moi importante para o partido que defendeu políticas de igualdade» e que colocou ao país «a vanguardia de igualdade, un referente en Europa». A candidata aseverou que «o propio Parlamento Europeo está tomando como referencia esta lei», en relación ao Si e Si.

Por outra banda, tamén se refieriu a Belarra coma unha «deputada loitadora», e fixo fincapé na sua labor de fronte a carteira de Dereitos Soaciais na anterior lexislatura. Neste senso, Faraldo destacou a Lei de Familias, » que tanta cobertura deu as familias en canto a permisos», en relación aos diversos permisos de baixa laboral que garantiría, como o permiso por nacemento e outros permisos atinxidos aos coidados.

Por outra banda, a ex edil coruñesa tamén se referiu a Lei de Vivenda promocionada por Belarra, xa que «no momento actual, coa escalda de prezos imparable na que vivimos e que nos recordan a moi malos tempos aos que podemos volver». A candidata se referiu a esta «escalada tanto nos prezos das hipotecas como no precio dos alugueres, que non permite a moitas familias respirar».

Faraldo criticou que «a Lei de Vivenda non está sendo aplicada en Galicia», a pesar de que «os prezos do alguer subiron nestes últimos anos un 60% e as familias están adicando un 40% da súa renda en vivenda».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario