O PP pon a mellora do CEIP Terra Chá como exemplo do compromiso inversor do Goberno galego en Vilalba

por Redacción Lugo

Os candidatos populares destacan «a implicación do Goberno galego coa educación e co rural» nunha visita á capital chairega acompañados por Román Rodríguez.

  • O Goberno galego investiu 400.000 euros neste colexio da parroquia vilalbesa de Román dende o 2009
  • Aos máis de 190.000 euros de actuacións nas pasadas anualidades hai que engadir os máis de 200.000 euros para actuacións en proceso de contratación que inclúen a substitución de ventás, a instalación dun ascensor, a adecuación dunha nova aula de infantil, a substitución de luminarias e a pintura interior e exterior
  • A Xunta ten investido dende o 2009 máis de 2 millóns de euros para levar a cabo distintas actuacións nos centros educativos do municipio
  • Os populares subliñan que «o Goberno galego sostén os principais servizos públicos do municipio e, ademais, dirixiu a Vilalba máis de 35 millóns de euros nos últimos 4 anos»
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario