Olalla Rodil: «A xestión do territorio é de vital importancia para Galiza»

por Redacción Galicia

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, participou nun debate organizado polo COAG sobre ordenación do territorio. Rodil defendeu que «a xestión do territorio é de vital importancia para Galiza, a nosa
Terra ten unhas características territoriais especialmente singulares e nomeadamente diferenciais con respecto ao resto do Estado español, e historicamente nunca se tiveron en conta, impóndosenos modelos alleos, que non eran os acaídos para a nosa realidade e as nosas necesidades».

«Temos que ser conscientes de que o modelo de ordenación territorial e urbanística convencional -orientado á regulación do uso e zonificación do solo- é unha ferramenta insuficiente para afrontar os novos retos territoriais, sociais, económicos e ambientais do noso país, explicou Olalla Rodil, que engadiu «desde o Goberno da Xunta, no BNG traballaremos para actualizar as  Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), converténdoas nun instrumento no que facer o equilibrio preciso entre as necesidades sectoriais de políticas concretas como a industrial, agrícola ou medio ambiental e o rigoroso compromiso de construírmos unha Terra máis verde e descarbonizada»

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario