PP Lugo “O Goberno do PSOE deixa morrer o tren galego coa absoluta complicidade do BNG»

por Redacción Lugo

Raquel Arias e Katy Varela lamentaron xunto a Ethel Vázquez que «Monforte -que no seu día foi nó loxístico e onde o ferroviario era un sector con moito peso- sexa unha das zonas máis afectadas polas políticas de Sánchez».

  • As populares denuncian que «o trato do Goberno do PSOE -apoiado polo BNG- ás infraestruturas da provincia de Lugo chega case ao ensañamento» e reclaman que «cumpra cos compromisos adquiridos»
  • Vázquez aclarou que «o Goberno de Sánchez deu ao traste co plan de Rajoy para conectar a provincia coa alta velocidade ao eliminar as variantes e acometer obras que non permitirán alcanzar alta velocidade nin velocidade alta»
  • «PSOE e BNG demostraron o pouco que lles interesa a conectividade da provincia por tren ao esquecerse de incluír as variantes no acordo asinado para investir a Sánchez presidente do Goberno», dixeron
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario