O PP presenta un escrito esixindo á alcaldesa de Lugo que cumpra a sentenza e, “de forma inmediata”, resolva a situación do traballador encadeado

por Redacción Lugo

Enrique Rozas explica que urxe dárlle unha solución, no plano humano, a esta situación  xa que «estamos falando dunha persoa que está de garda 24 horas dos sete días da semana, nin él ten vida nin a súa familia, afectando a súa saúde» polo que concluía que  «lugo necesita bos xestores e mellores persoas»

Dende o PP apuntan á alcaldesa, responsable durante os últimos 4 anos de persoal, de contribuír a que se chegue a esta situación de desesperación e preguntan ao seu socio, o BNG, onde está a bandeira do progresismo e da defensa dos traballadores da que tanto presumen e defenden tralas pancartas.

Os populares consideran unha vergoña que socialistas e nacionalistas estéan de brazos cruzados diante dun caso onde unha persoa está sufrindo unha situación de desasosego,  apelando “á humanidade e á empatía”.

Unha administración pública ten que dar exemplo aclarando que “estamos sorprendidos porque un goberno progresista, que presume tralas pancartas e que dá leccións de defender aos traballadores, deixe na estacada a este funcionario”.

UNHA SITUACIÓN QUE SE VÍA VIR

Dende o PP “vimos reclamando dende hai tempo solucións inmediatas para a brigada de augas que desmantelou o PSOE coa complicidade do BNG”.

En agosto o grupo popular advertiu que ía a caducar en novembro  o contrato da empresa que se encarga de reparar as fugas polas noites, fins de semanas e festivos.

Este contrato para reparar incidencias nas canalizacións de distribución de auga potable asinouse en outubro de 2020 e segundo o goberno local “tratábase dunha medida provisional”.

Chega o mes de novembro e vemos como o PSOE e o BNG continúan con este modelo “que se xustificou para un breve espazo de tempo” sen atender a nosa petición de que se reforce a plantilla da brigada municipal de augas que o goberno progresista de Lugo desmantelou nos últimos mandatos. De momento “temos a calada por resposta”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario