Sumar denuncia en Lugo a “privatización encuberta” da universidade galega

por Redacción Lugo

O parlamentario europeo Manu Pineda visitou o Campus lucense da USC xunto aos candidatos da coalición na provincia, José Antonio Rodríguez Añón e Diego López Dapena. No seu encontro co Vicerreitor da USC para o Campus de Lugo e responsables do plan de estudos, Francisco Fraga López, constatou “a privatización e a degradación que está a sufrir a Universidade pública galega”.

A situación deo Campus de Lugo é especialmente delicada pola perda significativa de alumnos e o posible peche de varios graos de estudo. En concreto, a normativa da Xunta fixa un mínimo de 45 alumnos de novo ingreso nos graos para manter a oferta educativa. Unha cifra demasiado alta para un “Campus e unha cidade castigada pola falta de conexións de transporte e de inversión” asegurou Pineda a os medios de comunicación.

En opinión do eurodiputado de Sumar, “a situación que vive o Campus de Lugo é un dos mellores exemplos de como a Xunta está a maltratar a educación pública e favorecendo unha privatización encuberta, porque se os graos de Lugo pechan, cando teñen ademáis unha grande inserción laboral, é porque a Xunta lles deixa morrer pola falta de inversión en educación e transporte. Todo mentres proliferan as universidades privadas”.

Sinalando ademáis que a única maneira de revertir a situación é con “políticas públicas ambiciosas” que só serán posibles con Sumar no gobierno da Xunta. “Está moi claro, se Sumar entra, Rueda sae e a educación pública pasará a ser unha prioridade” sentenciou.

O eurodiputado lembrou ademáis a proposta electoral de Sumar de aumentar a participación galega no programa marco “Horizonte Europa” de I+D. Apostando por unha “maior presencia neste e noutros programas de financiamento de I+D da Unión Europea”.

A proposta de Sumar para a Universidade

Pola súa parte, o cabeza de lista de Sumar en Lugo, José Antonio Rodríguez Añón, lembrou que o seu programa electoral inclúe o compromiso de blindar a inversión en Universidades Públicas no 1,5% do PIB, acadar un “coste cero” nas primeiras matrículas en graos e másteres, e desenvolver un plan para “reter o talento investigador en Galicia”.

López Dapena, número 2 da candidatura, enfatizou na necesidade dun aumento de inversións para amplar o persoal e garantir “prezos razoables e becas” para os servizos de comedor e residencia.

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario