O PP pide “apoio suficiente a Rueda” para “remodelar o Hospital Comarcal de Monforte que inclúe a construción dun novo edificio”

por Redacción Lugo

Julio García Comesaña explicou, xunto a Raquel Arias e Katy Varela, que «a remodelación integral do centro recóllese no Plan Director que dispón xa de partida orzamentaria para comezar a desenvolver neste ano».

  • Os populares subliñaron que «Rueda é o único candidato que nomea a este centro hospitalario no seu programa» e defenden que «só un goberno do PP estable e con contas saneadas é capaz de executar o proxecto»
  • García Comesaña lembrou, entre outros exemplos do compromiso do Goberno de Rueda co centro monfortino, «o inicio da licitación das obras dun novo laboratorio de microbioloxía e unha nova área de cardioloxía»
  • O PP defende «o investimento de máis de 4 M€ en reformar e equipar este hospital con servizos como a quimioterapia fronte a socialistas e nacionalistas que se pasaron a lexislatura falando de desmantelamento»
  • García Comesaña subliñou tamén «a incorporación de 21 novos especialistas con praza fixa neste hospital» grazas a unha lei aprobada cos votos do PP e a oposición do PSOE e BNG, «sempre en contra»
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario