O PP di que con «Besteiro o único que se garantiza é que os lucenses seguiremos outro verán máis sen praia fluvial»

por Redacción Lugo

Os populares lembran como o candidato do PSOE foi quen estando de concelleiro en Lugo “prometeu, hai 15 anos, facer a praia fluvial nos Robles un proxecto do desistiron os socialistas en 2016 cando non presentaron a documentación requirida pola CHMS

O PP replícalle ao PSOE que leva anos dicindo que ten na súa folla de ruta a creación da praia fluvial no Miño e que o seu discurso NON É CRIBLE lamentando que Lara Méndez convirta esta campaña “nun carrusel de mentiras para xustificar o seu inmovilismo neste e noutros temas”.

Os FEITOS da historia da praia fluvial son outros:

  • En 2016 os socialistas renunciaron á ubicación proposta nos Robles tal e como se documenta no escrito da CHMS de  2016, onde a Deputación, gobernada por PSOE e BNG, desistiu do proxecto e non presentou documentación requirida.
  • A cambio de abandonar este proxecto buscan outra localización á altura da Tolda que hoxe volveron a defender en contra das dun demoledor informe da UNESCO.
  • Neste documento se ditamina que nin a localización nin o proxecto que presenta o goberno son idóneos ao supoñer un lugar inseguro para os bañistas debido ao pouco calado que hai, porque ocasiona un prexuizo para o medio ambiente e porque supón un perigo para as outras declaracións Patrimonio da Humanidade

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario