O bidón misterioso do peirao de Ribeira

por Óscar de Souto

Relacionan a presencia dun obxecto no mar coa aparición dunha mancha de grandes dimensións na praia de Coroso
O persoal de Salvamento Marítimo confirmou que a aparición dese obxecto, que resultou ser un bidón baleiro, nada ten que ver coa vertedura de combustible estendido por toda a praia.

O 112 Galicia tivo constancia deste suceso a través da chamada dun particular ao fío das 18:30 da pasada tarde. Segundo o relato do informante, visualizaba un obxecto, o cal non podía identificar, flotando no mar do peirao de Ribeira

O servizo de 112 Galicia pasou o aviso a Salvamento Marítimo e ao Servicio de Gardacostas, que mobilizaron varias embarcacións a ese punto co fin de descubrir de que se trataba. A maiores, tamén foron informados os membros do GAEM, (grupo de apoio de emerxencias) e os Bombeiros de Ribeira, axentes da Garda Civil, da Policía Local e Autonómica, e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Con todo, o obxecto resultou ser un bidón, que foi retirado, pero no momento de retirar ese bidón atópanse coa vertedura, que segundo se investigou, afirman non garda ningunha relación o bidón e a vertedura.

Debido a esta situación, tamén foi informado ao Servicio de Protección da Natureza (SEPRONA), aínda que pola falta de luz, non lles foi posible comprobar o alcance da mancha e a orixe da mesma.

Agárdase que coas primeiras horas de mañá, 14 de febreiro, os servizos de emerxencia volten de novo a ese punto co fin de esclarecer a orixe e o verdadeiro alcance desta vertedura.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario