A sección sindical de Comisións Obreiras en Salvamento Marítimo (Sasemar) denuncia que as quendas de garda dos centros de coordinación están «baixo mínimos». O sindicato explica que nalgunhas localidades españolas hai quendas con menos efectivos do que establece o convenio colectivo e alerta dos riscos para Galicia se a mesma situación se reproduce na comunidade autónoma.
CCOO descarta que a infradotación nas gardas sexa algo puntual, senón que é «un problema estrutural». «Tememos que as situación se poida estender aos centros de coordinación de Galicia, zona de especial sensibilidade, cunha importante frota pesqueira e de recreo e próxima ao eixe de importantes rutas marítimas, que a converte nunha área de tráfico intenso».
En opinión de CCOO, as Autoridades Marítimas non están están tomando medidas para evitar que as decisións da dirección actual de Sasemar «poñan en perigo un servizo público áxil, práctico e eficaz».