A campaña estenderase ata o luns 30 de decembro e as persoas interesadas en colaborar poden achegar as súas doazóns á sede do Partido Popular da provincia de luns a venres en horario de 09:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas
Novas Xeracións da provincia de Lugo impulsa unha campaña de recollida solidaria de alimentos neste Nadal en colaboración co Banco de Alimentos de Lugo.
A iniciativa foi presentada polo presidente provincial, Miguel Gallego, e a secretaria xeral, Cristina Fernández, xunto á presidenta da entidade, Amadora Núñez.
Os responsables da organización provincial de Novas Xeracións convidan aos lucenses a participar nesta campaña solidaria coa que pretenden “apoiar o importante labor do Banco de Alimentos reforzando as provisións para este Nadal: queremos que todas aquelas persoas que o precisen, dispoñan de alimentos por estas datas”.
Esta campaña enmárcase dentro das actividades coas que a formación político – xuvenil pretende ser parte activa da sociedade lucense; neste caso, apoiando unha causa solidaria.
As persoas interesadas poden aportar as súas doazóns na sede do Partido Popular da provincia de Lugo (rúa Poeta Cabanillas, 14) de luns a venres de 09:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas para ser, posteriormente, trasladadas ao Banco de Alimentos.
A campaña estenderase ata o luns 30 deste mes de decembro.